Homenaxe a José Paz, Sábado, 23 de Abril as 12h, Lugar: Salón Noble do Liceo de Ourense
O 23 de abril de 2022 cúmprese un ano da morte do pedagogo que conseguiu reunir a maior biblioteca de España sobre o escritor Rabindranath Tagore, gran coñecedor da vida intelectual e cultural da India do século XX.
A recén creada Fundación "PazTagore" celebrará no Liceo un acto de homenaxe que inclúe:
* Acto en homenaje a José Paz: Colocación de flores e velas ante o retrato do profesor, amenizado con música tradicional galega
* Exposición fotográfica de José Paz e da escola en Santiniketan
* Charla sobre a súa vida e traballo pola súa familia
* Poñer en circulación un selo de correos en colaboración coa Sociedade Filatélica Miño de Ourense, á que pertenceu como bo amante da filatelia.
* Charla: Angela Zamora Saiz (Ex directora Escola Rabindranath Tagore Madrid) e Milagros Jimenez Pizarro (Universidad de Sevilla)
* Presentación da páxina web da asociación
* Charla e clausura do acto: a cargo dun representante da Asociación PazTagore
Colaboran: Sociedade Filatélica Miño, Liceo de Ourense, Openhost